Thursday 16 de May de 2024

O documental A Pobra do Caramiñal, ronsel de coraxe estréase no Elma


O teatro cine Elma será escenario no 19 de decembro, ás 20.30 horas, da estrea do documental A Pobra do Caramiñal, ronsel de coraxe. Trátase dunha peza audiovisual que pon en valor a actividade económica, cultural, turística e patrimonial do municipio e que produce Xurdir coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e co patrocinio de diversas empresas da localidade.

No acto intervirán o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo; e Noelia Franco, en representación da dirección de produción.

A Pobra únese así á vintena de concellos de todo Galicia que xa realizaron proxectos similares coa referida produtora.

A entrada é de balde e o prazo de confirmación de asistencia permanecerá aberto ata as 15.00 horas do 17 de decembro. Para tal fin, habilítase o teléfono de contacto 673848593 ou a través dos enderezos electrónicos coordinacion@xurdir.com ou comunicacion@xurdir.com. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.